domingo, 21 de diciembre de 2025

SANTA CLAUS.

O alumnado de 4.º de Educación Primaria realizou unha manualidade de Nadal empregando materiais reciclados, elaborando un Santa Claus a partir dunha botella de plástico. Partimos da idea, inspirada en Pablo Picasso, de que a arte pode nacer de formas sinxelas e de obxectos cotiáns, transformándoos con creatividade e imaxinación. Para a decoración utilizamos goma eva na roupa e nos detalles, e algodón para crear a barba e o gorro, traballando as texturas e o volume. Cada neno e nena puido tomar decisións persoais sobre cores e formas, entendendo que, igual que facía Picasso, non hai dúas obras iguais. Como remate, o alumnado introduciu unha luz de Nadal no interior da botella, que conta cun interruptor, aprendendo a acendela e apagala de maneira segura, convertendo a súa creación nun elemento decorativo luminoso e cheo de maxia. Esta actividade permitiunos desenvolver a creatividade, a expresión artística e o respecto polo medio ambiente, unindo arte, reciclaxe e espírito de Nadal🎄🎅🏻.

No hay comentarios.:

Publicar un comentario

SANTA CLAUS.

O alumnado de 4.º de Educación Primaria realizou unha manualidade de Nadal empregando materiais reciclados, elaborando un Santa Claus a part...