jueves, 11 de diciembre de 2025
Christmas cards
Nesta sesión creativa inspirámonos na liberdade artística de Pablo Picasso, especialmente na súa etapa máis expresiva, onde as cores intensas, as liñas soltas e a exploración de materiais eran protagonistas.
O alumnado de primeiro, elaborou unha postal de Nadal sobre cartolina rosa, empregando ceras de cores, purpurina, algodón e pequenas boliñas de papel de aluminio. Igual que facía Picasso, deixamos que cada nena e neno experimentase sen límites, combinando trazos espontáneos, superposicións de cor e texturas variadas para crear unha composición chea de personalidade.
As estrelas, a árbore navideña e os detalles decorativos aparecen representados cun estilo libre e expresivo, que lembra á creatividade infantil que Picasso tanto valoraba cando dicía: “Todos os nenos nacen artistas”.
O resultado foron postais únicas, vibrantes e cheas de emoción, onde o caos creativo se transforma en arte.
✨ Un Nadal con mirada picassiana
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
ANIMALS FROM SENEGAL.
O alumnado de terceiro curso está a piques de converterse en auténticos guías de viaxe grazas ao PDI do noso centro: “Burela sen fronteiras”...
-
Nesta sesión creativa inspirámonos na liberdade artística de Pablo Picasso, especialmente na súa etapa máis expresiva, onde as cores intensa...
-
Hoxe veunos visitar un compi de quinto con moedas do seu país de orixe, Perú. Contounos algunhas cousiñas. A moeda oficial chámase SOL e ha...




No hay comentarios.:
Publicar un comentario