lunes, 26 de octubre de 2026

ANIMALS FROM SENEGAL.

O alumnado de terceiro curso está a piques de converterse en auténticos guías de viaxe grazas ao PDI do noso centro: “Burela sen fronteiras”. Para este proxecto, os nenos e nenas elixiron dous países moi especiais: Senegal e Marrocos. A elección non foi casualidade, senón que decidiron viaxar a estes lugares por seren os países de orixe dalgúns dos seus compañeiros e compañeiras de clase. Unha forma fermosa de coñecernos mellor! Aproveitando que na clase de Inglés están a traballar o vocabulario e os conceptos sobre os animais, decidiron unir forzas. Converteronse en investigadores e realizaron unha procura exhaustiva de información en inglés sobre a fauna máis representativa destes dous países. Hoxe queremos compartir convosco a primeira parada desta viaxe. Despois de moito esforzo e ilusión... Mirade que bonitos lles quedaron os animais de Senegal.!

No hay comentarios.:

Publicar un comentario

ANIMALS FROM SENEGAL.

O alumnado de terceiro curso está a piques de converterse en auténticos guías de viaxe grazas ao PDI do noso centro: “Burela sen fronteiras”...