lunes, 26 de octubre de 2026
ANIMALS FROM SENEGAL.
O alumnado de terceiro curso está a piques de converterse en auténticos guías de viaxe grazas ao PDI do noso centro: “Burela sen fronteiras”.
Para este proxecto, os nenos e nenas elixiron dous países moi especiais: Senegal e Marrocos. A elección non foi casualidade, senón que decidiron viaxar a estes lugares por seren os países de orixe dalgúns dos seus compañeiros e compañeiras de clase. Unha forma fermosa de coñecernos mellor!
Aproveitando que na clase de Inglés están a traballar o vocabulario e os conceptos sobre os animais, decidiron unir forzas. Converteronse en investigadores e realizaron unha procura exhaustiva de información en inglés sobre a fauna máis representativa destes dous países.
Hoxe queremos compartir convosco a primeira parada desta viaxe. Despois de moito esforzo e ilusión... Mirade que bonitos lles quedaron os animais de Senegal.!
jueves, 22 de octubre de 2026
ANIMALS FROM MOROCCO.
O alumnado de terceiro curso está traballando no PDI do centro “Burela sen fronteiras”. Elixiron dous países: Senegal e Marrocos por ser o país de orixe dalgúns dos seus compis. Como en inglés se está traballando animais , decidiron facer unha búsqueda de información sobre os animais máis representativas destes paises. Despois presentaron toda esta información nun libro. Mirade como lles quedaron os animais de Marrocos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
ANIMALS FROM SENEGAL.
O alumnado de terceiro curso está a piques de converterse en auténticos guías de viaxe grazas ao PDI do noso centro: “Burela sen fronteiras”...
-
Nesta sesión creativa inspirámonos na liberdade artística de Pablo Picasso, especialmente na súa etapa máis expresiva, onde as cores intensa...
-
Hoxe veunos visitar un compi de quinto con moedas do seu país de orixe, Perú. Contounos algunhas cousiñas. A moeda oficial chámase SOL e ha...














