Mostrando las entradas con la etiqueta #christmas. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta #christmas. Mostrar todas las entradas

domingo, 21 de diciembre de 2025

SANTA CLAUS.

O alumnado de 4.º de Educación Primaria realizou unha manualidade de Nadal empregando materiais reciclados, elaborando un Santa Claus a partir dunha botella de plástico. Partimos da idea, inspirada en Pablo Picasso, de que a arte pode nacer de formas sinxelas e de obxectos cotiáns, transformándoos con creatividade e imaxinación. Para a decoración utilizamos goma eva na roupa e nos detalles, e algodón para crear a barba e o gorro, traballando as texturas e o volume. Cada neno e nena puido tomar decisións persoais sobre cores e formas, entendendo que, igual que facía Picasso, non hai dúas obras iguais. Como remate, o alumnado introduciu unha luz de Nadal no interior da botella, que conta cun interruptor, aprendendo a acendela e apagala de maneira segura, convertendo a súa creación nun elemento decorativo luminoso e cheo de maxia. Esta actividade permitiunos desenvolver a creatividade, a expresión artística e o respecto polo medio ambiente, unindo arte, reciclaxe e espírito de Nadal🎄🎅🏻.

viernes, 12 de diciembre de 2025

UGLY CHRISTMAS SWEATER DAY.

Esta é unha tradición divertida que se celebra en Estados Unidos e Canadá o terceiro venres de decembro, onde a xente usa xerseis extravagantes e recargados con motivos do Nadal para as reunións familiares, de amigos ou de traballo.Fixemos unhas Christmas Cards para lembranos desta data. Así nos quedaron.

jueves, 25 de abril de 2024

ART WITHOUT BORDERS!!!!

Dado que somos un colexio con moitas nacionalidades, neste curso escolar 25-26 estamos a traballar o PDI titulado “Burela sen fronteiras” o...