domingo, 21 de diciembre de 2025

SANTA CLAUS.

O alumnado de 4.º de Educación Primaria realizou unha manualidade de Nadal empregando materiais reciclados, elaborando un Santa Claus a partir dunha botella de plástico. Partimos da idea, inspirada en Pablo Picasso, de que a arte pode nacer de formas sinxelas e de obxectos cotiáns, transformándoos con creatividade e imaxinación. Para a decoración utilizamos goma eva na roupa e nos detalles, e algodón para crear a barba e o gorro, traballando as texturas e o volume. Cada neno e nena puido tomar decisións persoais sobre cores e formas, entendendo que, igual que facía Picasso, non hai dúas obras iguais. Como remate, o alumnado introduciu unha luz de Nadal no interior da botella, que conta cun interruptor, aprendendo a acendela e apagala de maneira segura, convertendo a súa creación nun elemento decorativo luminoso e cheo de maxia. Esta actividade permitiunos desenvolver a creatividade, a expresión artística e o respecto polo medio ambiente, unindo arte, reciclaxe e espírito de Nadal🎄🎅🏻.

jueves, 18 de diciembre de 2025

PERUVIAN CURRENCY.

Hoxe veunos visitar un compi de quinto con moedas do seu país de orixe, Perú. Contounos algunhas cousiñas. A moeda oficial chámase SOL e hai billetes de 10,20,50,100 e 200 soles.Despois falounos das moedas de 10,20 e 50 céntimos así como 1,2,e,5 soles. Aceptan o dólar americano en moitos locais comerciales, restaurantes,hoteis… 1Euro equivale ao cambio a 3,9118 S e 1SOL equivale a 0,25€ Aquí temos unha foto do momento da súa visita.

martes, 16 de diciembre de 2025

SCHOOL LIFE IN PERU

O alumnado de cuarto curso de Educación Primaria fixo unha pequena investigación sobre a vida escolar en Perú: calendario escolar, horario, asignaturas, vacacións, duración del curso escolar...Atoparon varias diferencias en comparación coa Española. Aquí deixamos un pequeño traballo do que atoparon.

CHRISTMAS PHOTOCALL.

viernes, 12 de diciembre de 2025

UGLY CHRISTMAS SWEATER DAY.

Esta é unha tradición divertida que se celebra en Estados Unidos e Canadá o terceiro venres de decembro, onde a xente usa xerseis extravagantes e recargados con motivos do Nadal para as reunións familiares, de amigos ou de traballo.Fixemos unhas Christmas Cards para lembranos desta data. Así nos quedaron.

jueves, 11 de diciembre de 2025

ELF YOURSELF.

Que nervios, os elfos están aquí!!!! Xa están os elfos traballando moi duro nos nosos agasallos. Andan moi apurados porque o Nadal xa está chegando. O alumnado de segundo fixeron uns elfos chulísimos coa súa propia cara.Mirade que chulos.

Christmas cards

Nesta sesión creativa inspirámonos na liberdade artística de Pablo Picasso, especialmente na súa etapa máis expresiva, onde as cores intensas, as liñas soltas e a exploración de materiais eran protagonistas. O alumnado de primeiro, elaborou unha postal de Nadal sobre cartolina rosa, empregando ceras de cores, purpurina, algodón e pequenas boliñas de papel de aluminio. Igual que facía Picasso, deixamos que cada nena e neno experimentase sen límites, combinando trazos espontáneos, superposicións de cor e texturas variadas para crear unha composición chea de personalidade. As estrelas, a árbore navideña e os detalles decorativos aparecen representados cun estilo libre e expresivo, que lembra á creatividade infantil que Picasso tanto valoraba cando dicía: “Todos os nenos nacen artistas”. O resultado foron postais únicas, vibrantes e cheas de emoción, onde o caos creativo se transforma en arte. ✨ Un Nadal con mirada picassiana

miércoles, 3 de diciembre de 2025

FOOD.

O alumnado de cuarto curso está traballando no PDI do centro “Burela sen fronteiras”. Elixiron dous paises: Cabo Verde e Perú por ser o país de orixe dalgúns dos seus compis. Como en inglés se traballou a comida(Food) , decidiron facer unha búsqueda de información sobre as comidas máis representativas dos mesmos e os ingredientes desas comidas típicas. Despois presentaron toda esta información nun libro. Mirade como lles quedou.

viernes, 28 de noviembre de 2025

Celebrando Thanksgiving day.

Este xoves foi o día de Thanksgiving no país da nosa auxiliar de conversa.Aproveitamos a ocasión para coñecer un pouco máis esta tradición, dar as gracias por todo aquilo polo que nos sentimos agradecidos e, como a comida é parte fundamental desta celebración, fixemos estas cabazas en 3D.

Abstract Art.

O alumnado de 5° realizou unha obra de arte mergullando unha corda en pegamento e facendo diferentes formas. Así quedaron de bonitos os traballos!!

miércoles, 26 de noviembre de 2025

THANKSGIVING.

Hoxe tocounos falar un pouco da historia de Thanksgiving, a comida típica, as reunións familiares, fecha de celebración...Tamén comentamos os nosos agradecementos e por último fixemos un photocall.Mirade que guapos estamos.

SANTA CLAUS.

O alumnado de 4.º de Educación Primaria realizou unha manualidade de Nadal empregando materiais reciclados, elaborando un Santa Claus a part...