O alumnado de sexto de primaria recordou a figura de Roald Dahl e aspectos curiosos da súa vida a través de Boy, Tales of Childhood. O propio Dahl nunca quixo describir a sua novela coma unha autobiografía mais é certo que non negou que esta describía aspectos da súa vida comprendidos entre a infancia e a xuventude.
Os relatos de Dahl son sempre interesantes e a través de Boy traballamos a autobiografía. Unha vez estudado Roald Dahl decidimos facer uns pequenos textos autobiográficos dándolles un toque artístico en forma de collage.
Agardamos que vos gusten.